Óxido nítrico
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O óxido nítrico, tamén chamado monóxido de nitróxeno ou óxido de nitróxeno(II), é unha molécula coa fórmula química NO. É un radical libre[2] e un importante composto intermediario na industria química. O óxido nítrico é un subproduto da combustión de substancias no aire, como as combustións dos motores de automóbiles, centrais enerxéticas de combustibles fósiles, e prodúcese de forma natural durante as descargas eléctricas dos lóstregos durante as tormentas. Inflúe na produción de chuvia ácida (ao transformarse en ácido nítrico), e afecta negativamente á capa de ozono.
- Ver tamén homónimos na páxina No.
Óxido nítrico | |
---|---|
Óxido nítrico | |
Oxidonitróxeno(•)[1] (aditivo) | |
Outros nomes Monóxido de nitróxeno | |
Identificadores | |
Número CAS | 10102-43-9 |
PubChem | 145068 |
ChemSpider | 127983 |
UNII | 31C4KY9ESH |
Número CE | 233-271-0 |
Número UN | 1660 |
DrugBank | DB00435 |
KEGG | D00074 |
ChEBI | CHEBI:16480 |
ChEMBL | CHEMBL1200689 |
Número RTECS | QX0525000 |
Código ATC | R07AX01 |
Referencia Gmelin | 451 |
3DMet | B00122 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | NO |
Masa molar | 30,01 g mol−1 |
Aspecto | Gas incoloro |
Densidade | 1,3402 g dm−3 |
Punto de fusión | −164 °C; −263 °F; 109 K |
Punto de ebulición | −152 °C; −242 °F; 121 K |
Solubilidade en auga | 0,0098 g/100ml (0 °C) 0,0056 g/100ml (20 °C) |
Índice de refracción (nD) | 1,0002697 |
Estrutura | |
Forma da molécula | linear (grupo puntual C∞v) |
Termoquímica | |
Entalpía estándar de formación ΔfH |
90,29 kJ mol−1 |
Entropía molar estándar S |
210,76 J K−1 mol−1 |
Perigosidade | |
MSDS | MSDS externo |
Clasificación da UE | O T |
Frases R | R8, R23, R34, R44 |
Frases S | S1, S17, S23, S36/37/39, S45 |
NFPA 704 | |
Compostos relacionados | |
óxidos de nitróxeno relacionados | Pentóxido de dinitróxeno Tetróxido de dinitróxeno |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Nos mamíferos, incluídos os humanos, o NO é unha importante molécula de sinalización celular que intervén en moitos procesos fisiolóxicos e patolóxicos.[3] É un poderoso vasodilatador cunha curta vida media de só uns poucos segundos no sangue. Produtos de uso farmacéutico como a nitroglicerina e o nitrito de amilo foron os precursores, hai máis dun século, do uso actual do NO en medicina.
Para protexer de danos como os producidos pola isquemia a órganos como o fígado é importante que haxa un baixo nivel de produción de óxido nítrico.
O óxido nítrico non debe confundirse co óxido nitroso (N2O), que é un anestésico e un gas de efecto invernadoiro, nin co dióxido de nitróxeno (NO2), que é un gas tóxico marrón e un dos principais contaminantes do aire. De todos modos, o óxido nítrico oxídase rapidamente no aire a dióxido de nitróxeno, polo que é unha fonte de dito gas. Humphry Davy descubriu esta propiedade, para a súa desgraza, cando inhalou este gas ao comezo da súa carreira.
Malia ser unha molécula moi simple, o NO é un importante regulador biolóxico e é, por tanto, un compoñente fundamenteal usado nos campos da neurociencia, fisioloxía e inmunoloxía. Foi proclamado “molécula do ano” en 1992.[4] As investigacións sobre a súa función como molécula de sinalización cardiovascular mereceron o premio Nobel de Medicina de 1998, outorgado a Robert F. Furchgott, Louis J. Ignarro e Ferid Murad.