1-Butanol
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O 1-butanol, tamén chamdao butan-1-ol ou n-butanol, é un alcohol primario coa fórmula química C4H9OH e unha estrutura liñal. Son isómeros do 1-butanol o isobutanol, o butan-2-ol e o ter-butanol. O termo sen máis modificacións butanol adoita referirse ao isómero de cadea recta 1-butanol.
1-Butanol | |
---|---|
Outros nomes n-Butanol | |
Identificadores | |
Número CAS | 71-36-3 |
PubChem | 263 |
ChemSpider | 258 |
UNII | 8PJ61P6TS3 |
Número CE | 200-751-6 |
Número UN | 1120 |
DrugBank | DB02145 |
KEGG | D03200 |
MeSH | 1-Butanol |
ChEBI | CHEBI:28885 |
ChEMBL | CHEMBL14245 |
Número RTECS | EO1400000 |
Referencia Beilstein | 969148 |
Referencia Gmelin | 25753 |
3DMet | B00907 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C4H10O |
Masa molar | 74,12 g mol−1 |
Aspecto | Líquido incoloro refrinxente |
Olor | a banana,[2] áspero, alcohólico e doce |
Densidade | 0,81 g/cm3 |
Punto de fusión | −898 °C; −1 584 °F; −625 K |
Punto de ebulición | 1 177 °C; 2 151 °F; 1 450 K |
Solubilidade en auga | 73 g/L a 25 °C |
Solubilidade | moi soluble en acetona miscible con etanol, etil éter |
log P | 0.839 |
Presión de vapor | 0,58 kPa (20 °C) ILO International Chemical Safety Cards (ICSC) |
Acidez (pKa) | 16,10 |
Susceptibilidade magnética (χ) |
−56,536·10−6 cm3/mol |
Índice de refracción (nD) | 1,3993 (20 °C) |
Viscosidade | 2,573 mPa·s (a 25 °C) [3] |
Momento dipolar | 1,66 D |
Termoquímica | |
Entalpía estándar de formación ΔfH |
−328(4) kJ/mol |
Entalpía estándar de combustión ΔcH |
−2670(20) kJ/mol |
Entropía molar estándar S |
225,7 J/(K·mol) |
Perigosidade | |
Pictogramas GHS | |
NFPA 704 | |
Punto de inflamabilidade | 35 °C; 95 °F; 308 K |
Límites de explosividade | 1.45–11.25% |
LD50 | 790 mg/kg (rat, oral) |
Compostos relacionados | |
Compostos relacionados | Butanetiol n-Butilamina Dietil éter Pentano |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O 1-butanol aparece na natureza como un produto menor da fermentación etanólica de azucres e outros sacáridos[4] e está presente en moitos alimentos e bebidas.[5][6] Tamén é un aromatizante artificial permitido nalgúns países, como EUA,[7] usado en manteigas, cremas, froitas, ron, whisky, xeados, caramelos, bolería e refrescos.[8] Tamén se usa nunha ampla variedade de produtos de consumo non alimentarios.[5] Non figura na lista de aditivos alimentarios permitidos na Unión Europea[9] e está na lista positiva da regulación da Unión Europea 10/2011 para plásticos que están en contacto con alimentos.[10][11]
O amplo uso do 1-butanol como intermediario industrial, especialmente para a produción de acetato de butilo (que el mesmo é un aromatizante e solvente industrial). É un composto petroquímico derivado do propileno. A produción estimada en 1997 era: Estados Unidos 784,000 toneladas; Europa occidental 575,000 toneladas; Xapón 225,000 toneladas.[6]