![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4b/Andrew_Phillips_and_Tim_English_ruck_contest.2.jpg/640px-Andrew_Phillips_and_Tim_English_ruck_contest.2.jpg&w=640&q=50)
Australian Football League
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Australian Football League (AFL, do inglés: Liga de Fútbol Australiano) é a competición masculina preeminente e única completamente profesional de fútbol australiano. A través da Comisión da AFL, a AFL tamén serve como organismo reitor do deporte e é responsable de controlar as regras do xogo. Orixinalmente coñecida como a Victorian Football League (VFL), foi fundada en 1896 como unha excisión da Victorian Football Association (VFA), sendo a súa temporada inaugural o ano seguinte. A VFL, co obxectivo de converterse nunha competición de carácter nacional, na década de 1980 comezou a expandirse a outros estados australianos máis aló de Victoria, mudando o seu nome a AFL en 1990. A AFL é a competición con máis audiencia de Australia, tanto en asistencia aos estadios como en espectadores por televisión e seguimento dos medios de comunicación.[1][2]
Australian Football League | |
---|---|
![]() | |
Anteriormente | Victorian Football League |
Deporte | Fútbol australiano |
Fundación | 2 de outubro de 1896 (127 anos) |
País | ![]() |
Presidente | Gillon McLachlan |
Equipos | 18 |
Actual campión | Richmond (13º título) |
Máis laureado | Carlton Essendon (16 títulos) |
Televisión | Seven Network, Fox Footy |
Sitio web | AFL.com.au |
A liga consta actualmente de dezaoito equipos repartidos en cinco dos seis estados de Australia. A única excepción é Tasmania, aínda que hai moitos movementos que procuran o traslado dun equipo ao estado. Alén das respectivas sedes dos equipos, xóganse encontros da AFL en todos os estados e territorios continentais de Australia, así como en Nova Zelandia e a China para promover o deporte no estranxeiro. A temporada da AFL consiste actualmente nunha liga con 23 roldas disputada durante o inverno australiano (de marzo a setembro). O equipo que finaliza no primeiro lugar da táboa recibe o título do "minor premiership" (do inglés: campión menor). Após a finalización da liga, os oitos equipos mellor clasificados xoga un torneo de eliminación directa composto por catro roldas, o cal culmina na Gran Final de AFL, disputada cada ano no Melbourne Cricket Ground. O gañador da Gran Final recibe o premio de "premiers" (do inglés: campións) e a Premiership Cup (do inglés: Copa de Campións).[3]