From Wikipedia, the free encyclopedia
ASP.NET é unha ferramenta de desenvolvemento web comercializada por Microsoft. É usada por programadores para construír sitios web domésticos, aplicacións web e servizos XML. Forma parte da plataforma .NET de Microsoft e é a tecnoloxía sucesora da tecnoloxía Active Server Pages (ASP).
Mentres que un modelo de programación para aplicacións de uso común está moi ben establecido e soportado por un gran número de linguaxes e ferramentas de desenvolvemento, a programación web é unha mestura de varias linguaxes de etiquetas, un grande uso de linguaxes de script e plataformas de servidor. O coñecemento e habilidades que se necesitan para desenvolver aplicacións web teñen moi pouco en común coas que son necesarias no desenvolvemento tradicional de aplicacións.
Microsoft introduciu esta tecnoloxía chamada Active Server Pages en decembro de 1996, polo que non é nada nova. É parte do Internet Information Server (IIS) desde a versión 3.0 e é unha tecnoloxía de páxinas activas que permite o uso de diferentes scripts e compoñentes en conxunto co tradicional HTML para mostrar páxinas xeradas dinámicamente. A definición contextual de Microsoft é que As Active Server Pages son un ambiente de aplicación aberto e gratuíto no que se pode combinar código HTML, scripts e compoñentes ActiveX do servidor para crear solucións dinámicas e poderosas para o web".
Microsoft desenvolveu unha nova tecnoloxía denominada ASP.NET -como parte da súa estratexia.NET- para o desenvolvemento Web, co obxectivo de resolver as limitacións de ASP e posibilitar a creación de software como servizo. ASP.NET é a plataforma unificada de desenvolvemento web que proporciona aos desenvolvedores os servizos necesarios para crear aplicacións web empresariais.
No modelo de desenvolvemento web baseado en páxinas activas, a programación ASP actual ten diversas limitacións:
Na actualidade unha aplicación ASP.NET pode executarse de dúas formas distintas:
Estas aplicacións están tipicamente en formato de executables compilados. Estes poden integrar toda a riqueza dunha interface de usuario, tal é o caso das aplicacións de desempeño e produtividade, pero non se reúne a lóxica de negocio como un recurso que se poida reutilizar. Ademais son menos xestionables e escalables que as demais aplicacións.
Devanditas aplicacións están caracterizadas por contar cunha interface de web rica e moi útil. A interface gráfica integra varias tecnoloxías, as cales son o HTML, XHTML, scripting etc; a condición de que o navegador que se estea utilizando soporte estas tecnoloxías.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.