AZERTY
From Wikipedia, the free encyclopedia
O teclado AZERTY é unha distribución de teclado que se utiliza nalgúns países francófonos. Ten varias diferenzas co teclado QWERTY:
- A e Q están intercambiadas.
- Z e W están intercambiadas.
- M móvese da dereita da N á dereita da L (no canto de coma/punto e coma (US) Diérese/acento (É) etc.).
- Os díxitos 1-0 da fila superior ocupan as mesmas teclas, pero para escribilos debe pulsarse shift (maiúsculas). A posición por defecto úsase para mostrar vogais acentuadas en minúsculas.
O teclado francés AZERTY en Windows non cumpre cos estándares da lingua Francesa. A Imprimerie Nationale recomenda o uso de maiúsculas acentuadas, pero non hai teclas dedicadas para mostrar À Ç É È, ou as marcas de cita francesas «» e ?? (os procesadores de texto en francés maioritariamente converten a estes caracteres as comiñas dobres). Ademais ten símbolos, tanto en estado normal como premido de maiúsculas, que raramente se usan (por exemplo § µ 2), que poderían transferirse ao mapa de teclado con AltGr pulsado. Nun teclado US, a tecla á esquerda de 1 vén con acento grave / acuse ( ` / ) ( º / ª É, ` / ¬ UK), pero un AZERTY belga produce 2 / 3.