A Adoración dos Reis Magos (Rubens, Prado)
pintura de Peter Paul Rubens / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Adoración dos Reis Magos, pertencente á colección do Museo do Prado (Madrid, España), é un cadro do pintor flamengo do barroco Peter Paul Rubens, considerado dende antigo como unha das súas obras mestras. Foi executada en 1609, aínda que posteriormente o propio Rubens volveuna pintar e ampliouna entre 1628 e 1629, durante a súa segunda viaxe a España.[1] Representa o momento no que os tres reis visitan a Xesús.
Datos rápidos A Adoración dos Reis Magos, Artista ...
A Adoración dos Reis Magos | |
---|---|
Artista | Peter Paul Rubens |
Data | 1609; 1628 — 1629 |
Técnica | óleo sobre lenzo |
Dimensións | 355,5 cm × 493 cm |
Localización | Museo do Prado (Madrid) |
Pechar