estación de ferrocarril no concello da Rúa From Wikipedia, the free encyclopedia
A Rúa-Petín é unha estación de Adif situada no concello da Rúa, na provincia de Ourense, moi preto do seu límite co concello de Petín. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.
A estación atópase no punto quilométrico 309,7 da liña férrea de ancho ibérico que une León coa Coruña a 295 metros de altitude,[1] entre as estacións do Montefurado e Vilamartín de Valdeorras. O tramo é de vía única e está electrificado.
A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[2] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Sitúase entre A Rúa e Petín, xunto ao río Sil, preto do encoro de Santiago. Dispón dun amplo edificio para viaxeiros de base rectangular e tres plantas con disposición lateral á vía. Conta con catro vías e dúas plataformas, unha lateral e outra central. Ambos están cubertos parcialmente por marquesiñas propias.
Actualizado a 18 de xuño de 2016.
Actualizado a 18 de xuño de 2016.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
Intercity | Madrid-Chamartín | <> | Vigo-Guixar | |
6 | Rexional Exprés | León Ponferrada |
<> | Vigo-Guixar |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.