Aaron Swartz
From Wikipedia, the free encyclopedia
Aaron Hillel Swartz, nado en Highland Park (Illinois)[1] o 8 de novembro de 1986, e finado en Brooklyn (Nova York) o 11 de xaneiro de 2013, foi un programador, emprendedor, escritor e activista estadounidense. Estivo involucrado no desenvolvemento da fonte web formato RSS[2] e no formato de publicación Markdown,[3] na organización Creative Commons,[4] na páxina web web.py,[5] e na páxina de novas Reddit, da cal era socio despois de que se fusionara coa súa compañía, Infogami.
Aaron Swartz | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Aaron Hillel George Swartz |
Nacemento | 8 de novembro de 1986 |
Lugar de nacemento | Highland Park |
Falecemento | 11 de xaneiro de 2013 |
Lugar de falecemento | Brooklyn |
Causa | enforcamento |
Soterrado | Shalom Memorial Park |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | ateísmo |
Alma máter | Universidade Stanford e North Shore Country Day School |
Ocupación | Desenvolvedor de software, escritor e activista |
Pai | Robert Swartz |
Nai | Susan Swartz |
Coñecido por | Reddit, Open Library e RSS |
Premios | EFF Pioneer Award, James Madison Award e Salón da Fama de Internet (EE.UU.) |
Na rede | |
http://www.aaronsw.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Suicidouse cando foi acusado de roubo de datos, unha acusación que a súa familia describiu como "o produto dun sistema de xustiza penal cheo de intimidación e extralimitación fiscal".[6]
En xuño de 2013, Swartz foi incluído de xeito póstumo no Internet Hall of Fame.[7][8]