Califato Abbásida
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Califato Abbásida[1] (en árabe: ﻋﺒﺎﺳﻴﻮﻦ ʿAbbāsiyyūn) é o nome da terceira dinastía de califas árabes, que reinou de 750 a 1258 sobre un imperio musulmán con capital en Bagdad (e, durante algúns decenios, na cidade de Samarra), no actual Iraq. Foi fundada en 750 por As Saffah, bisneto do tío paterno do profeta Mahoma, Muttalib ibn Abd al-Manaf, tamén coñecido por Abbas, de quen tomaron o seu nome. Dise que este converteuse á relixión predicada polo seu sobriño nunha data imprecisa, que os detratores da dinastía sitúan na tarde inmediatamente anterior á conquista (fatḥ) da Meca por parte dos musulmáns (630).
الدولة العبَّاسيَّة (ar) | ||||
Nomeado en referencia a | Al-Abbas ibn Abd al-Muttalib | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Capital | Cufa (pt) (750 (Gregoriano)–766) Bagdad (766–836 (Gregoriano)) Samarra (pt) (836 (Gregoriano)–892 (Gregoriano)) Bagdad (892 (Gregoriano)–1258 (Gregoriano)) O Cairo (1261–1517) | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | árabe | |||
Relixión | Islam | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 11.100.000 km² | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Fundador | As-Saffah (pt) | |||
Creación | 750 (Gregoriano) | |||
Disolución | 10 de febreiro de 1258 | |||
Sucedido por | Sultanato Mameluco do Cairo (pt) , Imperio Otomán e Califato fatimí | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | Teocracia | |||
• Abbasid caliph (en) | As-Saffah (pt) (750–) | |||
Moeda | Dinar (pt) | |||
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Desde a instauración da figura do califa, vicario do Profeta na súa calidade de xefe político do Ummah (Estado) islámico, houbo varias dinastías. Os 4 primeiros califas foron chamados os "ortodoxos" (Rashidun) e gobernaron durante o período de tempo comprendido entre 632 e 661. Entre o 661 e o 750 gobernou a Comunidade Islámica a dinastía árabe dos Omeia, que estableceron a súa capital en Damasco. Os abássidas eran, polo tanto, a terceira dinastía (tamén árabe) que gobernou o mundo islámico. En total foron 37 os califas pertencentes a esta dinastía.
A dinastía abbásida comeza en 750 logo da vitoria sobre os omeias na batalla do Zab e remata logo do cerco, conquista e saqueo de Bagdad por parte das tropas mongois en 1258. Unha rama da dinastía sobrevivente ao exterminio mongol estableceuse no Cairo onde continuaron a dinastía un total de 17 califas aínda que sen poder real.
Os cinco séculos de califato abbásida están considerados como a Idade de Ouro islámica pola fertilidade creativa e liderado en practicamente todas as ramas do saber, da arte e da cultura.