United States Open Tennis Championships
From Wikipedia, the free encyclopedia
O US Open, en galego Aberto dos Estados Unidos,[1] nomeado formalmente como United States Open Tennis Championships, é un torneo de tenis disputado nos Estados Unidos de América. O US Open é a versión moderna do antigo U. S. National Championship, sendo este un dos máis antigos torneos de tenis do mundo, cuxo torneo masculino ocorreu por primeira vez en 1881. Desde 1987, o US Open é cronoloxicamente o cuarto e último Grand Slam do ano. Desde 1978, vén ocorrendo nas pistas do USTA Billie Jean King National Tennis Center en Flushing Meadows Corona Park, no Queens, na cidade de Nova York.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2017.) |
Ocorre anualmente en agosto e setembro, nun período de dúas semanas (semana antes e despois do Labor Day). O torneo principal consta de cinco diferentes eventos, individuais masculino e feminino, dobres masculino, feminino e mixtas, con categorías adicionais para séniors, júniors e usuarios de cadeira de rodas.