Acústica
ciencia que estuda a produción, transmisión, almacenamento, percepción ou reprodución do son / From Wikipedia, the free encyclopedia
A acústica é unha ciencia interdisciplinaria que estuda o son, infrasón e ultrasón, é dicir, ondas mecánicas que se propagan a través da materia (tanto sólida como líquida ou gasosa) (non se propagan no baleiro). A efectos prácticos, a acústica estuda a produción, transmisión, almacenamento, percepción ou reprodución do son.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |