Academia Francesa
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Academia Francesa (en francés: Académie française) é unha institución encargada de regular e perfeccionar a lingua francesa. Foi fundada en 1635 polo cardeal Richelieu, durante o reinado de Lois XIII de Francia, feito que a converte nunha das máis antigas institucións do país galo. Está composta por un total de corenta membros, que son elixidos polos seus iguais.