Acantocéfalos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os acantocéfalos (Acanthocephala, do grego ἄκανθος, ákanthos, "espiña" e κεφαλή, kephalé, "cabeza") son unha clase de vermes parasitos que se caracterizan pola presenza dunha probóscide (trompa) reversible, armada con espiñas que usa para apreixarse no intestino do animal que parasitan.
Acantocéfalos | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Corynosoma wegeneri | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Clases | |||||||||
|
Estes animais teñen ciclos biolóxicos moi complexos, que implican a varios hospedeiros intermedios, como invertebrados, peixes, anfibios, aves e mamíferos.
Coñécense unhas 1 100 especies descritas,[1] cuxo tamaño oscila desde uns poucos milímetros até 65 cm en Gigantorhynchus gigas.
Os acantocéfalos parecen ser un filo discreto. Recentes análises de xenoma demostraron que son descendentes dos rotíferos, e que deben ser consideradas como descendentes moi modificados deles.[2]