Accidente ferroviario do Porriño
accidente ferroviario de 2016 / From Wikipedia, the free encyclopedia
O accidente ferroviario do Porriño de 2016 foi un descarrilamento ferroviario que tivo lugar o 9 de setembro de 2016 no Porriño. O tren cubría o servizo Celta entre Vigo e Porto.
O accidente tivo lugar ás 9:25 da mañá á entrada da estación do Porriño desde Redondela. Unha unidade 420 de Comboios de Portugal descarrilou e provocou a morte de 4 persoas (o maquinista José Arnaldo Moreira, de nacionalidade portuguesa, o interventor e dous pasaxeiros, un deles de Vigo e outro estadounidense) e 48 feridas.[1][2][3] En total viaxaban no tren 63 persoas.
Tras a recuperación da caixa negra comprobouse que o tren circulaba a 118 km/h nun tramo limitado a 30. Estaba nun tramo recto cando descarrilou, e logo de chocar cuns paus o tren quedou parado contra unha torre de electricidade.
Tras o accidente abriuse unha investigación por parte da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios[4].