Acupuntura
From Wikipedia, the free encyclopedia
A acupuntura[1] é un compoñente da medicina tradicional chinesa e unha forma de medicina alternativa que recibe a consideración de pseudociencia ao non poder achegar evidencias científicas da súa efectividade.[2][3] e que consiste en, supostamente, restablece-lo equilibro no sistema enerxético vital dun organismo vivo pola inserción de agullas moi finas en determinados puntos do corpo, permanecendo durante algúns segundos.[4]
Na China a súa práctica data do primeiro milenio a.C. difundíndose por Corea, Xapón e outros países asiáticos. No século XX difundiuse no mundo occidental como tratamento alternativo ou complementario á medicina académica.