Adenosín monofosfato cíclico
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O adenosín monofosfato cíclico, AMP cíclico ou AMPc (cAMP en inglés) é un nucleótido que funciona como segundo mensaxeiro en varios procesos biolóxicos. É un derivado do ATP, xa que se orixina a partir deste por acción do encima adenilato ciclase. No AMPc o seu fosfato non establece só un enlace fosfodiéster co OH en posición 5' da ribosa, senón tamén outro co OH en posición 3', creando un ciclo na molécula entre o fosfato e a ribosa, polo que o AMPc tamén se chama adenosín monofosfato-3',5' cíclico.
Adenosín monofosfato cíclico | |
---|---|
Identificadores | |
Número CAS | 60-92-4 |
PubChem | 6076 |
ChemSpider | 5851 |
UNII | E0399OZS9N |
DrugBank | DB02527 |
KEGG | C00575 |
MeSH | Cyclic+AMP |
ChEBI | CHEBI:17489 |
ChEMBL | CHEMBL316966 |
Ligando IUPHAR | 2352 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C10H12N5O6P |
Masa molecular | 329,206 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |