
Administrador de Infraestruturas Ferroviarias
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias[2] (en castelán: Administrador de Infraestructuras Ferroviarias), máis coñecido como Adif, é unha entidade pública empresarial dependente inicialmente do Ministerio de Fomento de España (hoxe Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana), que ten como obxectivo a construción de liñas de ferrocarril e a xestión da súa explotación.
Administrador de Infraestruturas Ferroviarias | |
---|---|
![]() Administrador de Infraestruturas Ferroviarias | |
![]() | |
Tipo | Entidade pública empresarial |
Fundación | 2005 |
Matriz | Ministerio de Fomento de España |
Localización | Rúa Sor Ángela de la Cruz, 3. 28080 Madrid ![]() |
Fundador | RENFE (escisión) |
Persoas clave | María Luisa Domínguez González (Presidenta)[1] Raquel Sánchez Jiménez (Ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana) |
Industria | Ferroviaria |
Produtos | Infraestruturas |
Número de empregados | 12 922 (Datos a 31-12-2015) |
Na rede | |
https://www.adif.es/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |

Adif herdou a infraestrutura das extintas RENFE (2005) e FEVE (2013), polo que é propietaria da maioría de liñas de ferrocarril de España.
A data de 31 de decembro de 2015 administraba 15 384 quilómetros de vías e 1 903 estacións, 41 delas por Adif AV (alta velocidade).[3] Tamén herdou as funcións da empresa pública GIF.