compositor belga From Wikipedia, the free encyclopedia
Adrien François Servais, nado o 6 de xuño de 1807 en Halle (Bélxica) e finado na mesma localidade o 26 de novembro de 1866, foi un violonchelista e compositor belga, considerado o máis influente do século XIX e é frecuentemente coñecido co,o o "Paganini" do violonchelo, alcume atribuído a Hector Berlioz. Foi coñecido no seu tempo polo seu virtuosismo e o seu excesivo vibrato. É considerado o primeiro violonchelista en empregar unha pica debido ao gran tamaño do seu Stradivarius[1], se ben é posible que esta fóra empregada por outros violonchelistas con anterioridade (o uso da pica non era xeneralizado na meirande parte dos violonchelistas ata principios do século XX, por exemplor, Carlo Alfredo Piatti nunca empregou a pica).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1807 Halle, Bélxica (pt) |
Morte | 26 de novembro de 1866 (59 anos) Villa Servais, Bélxica (en) |
Lugar de sepultura | Halle Communal Cemetery (en) |
Catedrático | |
Datos persoais | |
Residencia | Villa Servais (en) |
País de nacionalidade | Bélxica |
Actividade | |
Ocupación | compositor , profesor universitario , profesor de música , violoncellista |
Empregador | Conservatorio Real de Bruxelas |
Profesores | Corneille (en) |
Alumnos | Victor de Mirecki (pt) |
Lingua | Lingua francesa |
Instrumento | Violoncello |
Familia | |
Fillos | Joseph Servais (en) , François Servais (en) , Zofia Servais (pt) |
Parentes | Cyprien Godebski (pt) (xenro) |
Servais naceu no seo dunha familia de músicos, seu pai era un modesto organista de igrexa. Iniciouse na práctica do violín, mais con 12 anos decidiu abandonalo para pasarse ao violonchelo, instrumento que estudou co iniciador da escola belga, Nicolas Joseph Platel. En 1829 pasou a ser profesor axudante do seu mestre no Conservatorio Real de Bruxelas.
En 1833 realizou a súa primeira xira mundial, que comezou en París e continuou por outras cidades francesas e por Inglaterra. Logo duns anos de ensino en Bruxelas, reapareceu en París en 1836, continuando unha triunfante xira europea polos Países Baixos, Alemaña, Francia, Rusia, Austria, Suecia, Noruega e Dinamarca. En 1848 ocupou a cátedra do Conservatorio Real de Bruxelas e a praza de solista da Corte. As súas continuadas xiras internacionais (durante os seus corenta anos de actividade deu máis de 10 000 concertos), danlle unha sona incomparable no seu tempo. Un dos seus destinos favoritos foi Rusia, onde obtivo en 1848 da princesa Youssopov o seu famoso violonchelo Stradivarius de 1701 (chamado despois Servais Stradivarius, e actualmente propiedade do Smithsonian Institute). En 1849 casou en San Petersburgo con Sophie Féguine, gran amante da música e que fixo da residencia familiar un centro de reunión de artistas: a casa dos Servais en Halle foi lugar favorito de descanso do seu amigo Franz Liszt. Estableceu unha íntima amizade con Henri Vieuxtemps (con quen compuxo os seus dúos para violín e violonchelo, e formou parella habitual nas súas xiras), de Mendelssohn, de Rossini (quen lle adicou o seu Concerto para Viololchelo), e de Wagner.
O traballo de Servais no Conservatorio Real de Bruxelas foi moi intenso, e entre os seus alumnos encóntanse os belgas Joseph Servais (o seu fillo), Jules Deswert, Charles Montigny, Charles Meerense, Ernest De Munck (fillo de François De Munck), Adolph Fisher e Paul Becker, el neerlandés Joseph Hollmann, o alemán Valentin Muller, os poloneses Adam Hermanowski e Jan Karlowicz, ou os rusos Vickentiy Meshkov, Arved Porten e Alexander Storozhenko. O seu labor docente e o seu talento nesta área non descansou tampouco durante as súas xiras, onde se converteu nun importante descubridor e formador de novos talentos como o francés Víctor Mirecki.
Uns anos despois da súa morte en 1866, Servais foi homenaxeado pola súa localidade natal de Halle, onde se ergueu unha estatua do músico por parte do seu xenro Cyprian Godebski.
Como compositor, Servais compuxo unicamente obras para violonchelo, e as empregaba habitualmente nos seus concertos. O seu xénero favorito era a fantasía, á que aplicou o principio de variación, e lle deu a posibilidade dunha gran liberdade -como compositor e como intérprete- e de mostrar a súa técnica instrumental e o seu virtuosismo.
Destacan entre as súas obras as Dezaseis fantasías para violonchelo e orquestra (sobre Il Barbiere di Siviglia e Le Comte Orly de Rossini; Lucia di Lammermoor e La Fille du Rigiment de Donizetti; Les Huguenots de Meyerbeer; Lestocq de Auber; Sehnsuchtswalzer de Schubert; e Le Carnaval de Venise (inspirado nas variacións de Paganini do mesmo título); e sobre temas rusos (Fantasía sobre dous cancións rusas e Recordo de San Petersburgo), Recordos de Suíza, Voda en Cracovia, Fantasía polonesa, Recordos de Bade, Recordos de Tchernovitzy, Dueto para dous violonchelos sobre tema de Dalayrac, Cinco concertos para violonchelo e orquestra, e os seus Seis Caprichos para dous violonchelos, o segundo ad libitum.
As súas composicións continúan a ser estudadas, tocadas e gravadas en todo o mundo.
Composicións propias
Servais e Joseph Ghys
Servais e Henri Vieuxtemps
Servais e Hubert Léonard
Servais e Jacques Gregoir
Transcripcións doutras obras doutros compositores
Composicións non publicadas
Outras composicións
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.