Aeroporto de Haneda
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Aeroporto Internacional de Tokyo (東京国際空港 Tōkyō Kokusai Kūkō), comunmente coñecido como Aeroporto de Haneda (羽田空港 Haneda Kūkō) ou Aeroporto de Tokyo Haneda (IATA: HND, ICAO: RJTT), é un dos dous aeroportos principais que operan na Área do Gran Tokyo, e é a principal base das dous maiores aeroliñas domésticas xaponesas, Japan Airlines (Terminal 1) e All Nippon Airways (Terminal 2), ademais das low-cost Air Do, Skymark Airlines, Skynet Asia Airways e StarFlyer. Está situado en Ōta, Tokyo, a 14 quilómetros ao sur da Estación de Tokyo.
Aeroporto Internacional de Tokyo 東京国際空港 Tōkyō Kokusai Kūkō | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Tokyo Aviation Bureau | ||
Localización | Ōta, Toquio | ||
Coordenadas | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
16R/34L | 3 000 | 9 843 | formigón asfáltico |
16L/34R | 3 000 | 9 843 | formigón asfáltico |
04/22 | 2 500 | 8 202 | formigón asfáltico |
05/23 | 2 500 | 8 202 | formigón asfáltico |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 79 520 000 | ||
Haneda foi o principal aeroporto internacional de Tokyo ata 1978; dende ese ano ata 2010, Haneda operaba case todos os voos domésticos con saída e destino á cidade, mentres que o Aeroporto Internacional de Narita operaba a meirande parte dos voos internacionais. No ano 2010 inaugurouse unha terminal destinada a servizos internacionais Haneda xunto coa finalización dunha cuarta pista. Isto permitiu un enorme incremento de voos internacionais no aeroporto, que anteriormente só operaba servizos chárter a unhas poucas cidades do leste asiático. Na actualidade Haneda ten voos de longa distancia aos principais destinos de todo o mundo durante as primeiras horas da mañá e últimas da noite, e comezara a ofrecelos durante o día a partir de principios de 2014.