Aeroporto de Hong Kong
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto internacional de Hong Kong (IATA: HKG, ICAO: VHHH) é o principal aeroporto de Hong Kong. Está situado na illa de Chek Lap Kok, que en gran parte está formada por terras gañadas ao mar para a construción das súas instalacións. O aeroporto tamén é coloquialmente coñecido como aeroporto de Chek Lap Kok(赤鱲角機場), para distinguilo do seu predecesor, o pechado aeroporto Kai Tak.
Aeroporto Internacional de Hong Kong 香港國際機場 Chek Lap Kok Airport | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Airport Authority Hong Kong | ||
Cidade/Illa | Hong Kong | ||
Localización | Chek Lap Kok | ||
Elevación (msnm) | 9 metros / 28 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | http://www.hongkongairport.com | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
07R/25L | 3 800 | 12 467 | asfalto |
07L/25R | 3 800 | 12 467 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 70 502 000 | ||
O aeroporto vén sendo usado dende o ano 1998, substituíndo ao de Kai Tak. É un importante centro rexional de transbordo, centro de conexión para pasaxeiros e unha porta de entrada para destinos no interior da China e o resto de Asia. O aeroporto é o máis concorrido do mundo en termos de carga e un dos maiores en termos de pasaxeiros.[1] O aeroporto ten unha das terminais de pasaxeiros máis grandes do mundo (a máis grande cando se inaugurou en 1998).
O aeroporto está operado por Airport Authority Hong Kong e é o principal centro de conexións para Cathay Pacific (a aeroliña nacional de Hong Kong), Cathay Dragon, Hong Kong Airlines, Hong Kong Express Airways e Air Hong Kong. É un dos centros de conexións para a alianza de aeroliñas Oneworld, e tamén un dos centros de conexión da zona Asia-Pacífico para UPS Airlines.[2] É unha cidade focal para moitas aeroliñas como China Airlines e China Eastern Airlines. Singapore Airlines, Ethiopian Airlines e Air India utilizan Hong Kong como escala para algúns dos seus voos.
HKIA contrinue de forma importante á economía de Hong Kong, proporcionando uns 65 000 empregos á cidade. Máis de 100 aeroliñas operan no aeroporto, voando a unhas 180 cidades de todo o mundo. No ano 2016 polas súas instalacións pasaron 70,5 millóns de pasaxeiros, sendo o oitavo aeroporto máis concorrido do mundo en termos de pasaxe.[3] No ano 2010 superou ao aeroporto de Memphis, converténdose no aeroporto máis concorrido do mundo en termos de carga.[4]