Afonso VIII de León e Galicia
Rei de Galiza e León / From Wikipedia, the free encyclopedia
Afonso VIII de León e Galicia,[lower-alpha 2][1][2][3][4][5][6][7] denominado pola historiografía española como Afonso IX,[8][9][10][11][12][13][14] nado en Zamora, Reino de León, o 15 de agosto de 1171 e finado en Sarria, Reino de Galicia o 23 de setembro de 1230, foi rei dos leoneses e Galicia (Adeffonsus Rex Legionensium et Gallecie) desde o 22 de xaneiro de 1188 até a súa morte, o 23 de setembro de 1230.[lower-alpha 3]
Afonso VIII | |
---|---|
Rei de León Rei de Galicia[lower-alpha 1] | |
Representación ecuestre de Afonso VIII de León, Tombo A da Catedral de Santiago de Compostela | |
Reinado | 22 de xaneiro de 1188 - 23 de setembro de 1230 |
Coroación | 22 de xaneiro de 1188 |
Nacemento | 15 de agosto de 1171 Zamora, Reino de León |
Falecemento | 23 de setembro de 1230 Sarria, Reino de Galicia |
Sepultura | Panteón Real, Catedral de Santiago |
Predecesor | Fernando II |
Sucesor | Fernando III |
Cónxuxe/s | Tareixa de Portugal (anulado) Berenguela de Castela (anulado) |
Descendencia | Véxase Matrimonios e descendencia |
Casa real | Borgoña |
Proxenitores | Fernando II Urraca de Portugal |
Escudo de Afonso VIII de León | |
Na rede | |
Segundo a numeración cronolóxica real da coroa galego-leonesa, correspóndelle o ordinal VIII, pero, a historiografía española asignoulle fraudulentamente o ordinal IX, como forma de entroncar as cronoloxías de León e de Castela —en Castela reinaba por aquel entón Afonso VIII de Castela—[15][16]. Ademais, nas Sete Partidas do seu neto Afonso X o Sabio, este afirmaba ser Afonso IX.[17]
“ | AFONSO VIII: Fillo de Fernando II e de Urraca de Portugal, foi coroado en León, en 1188. Este rei foi chamado Afonso IX pola historiografía española, cando se inventou a listaxe dos reis de España. O motivo era que existía outro rei chamado Afonso VIII, do reino independente de Castela, e chamándolle noveno a Afonso de Galicia e León dábaselle unha imaxe de unidade histórica á coroa de Castela, que só obedece a un intento de mistifica-la sucesión monárquica dos reis de Galicia […] | ” |
— GEG.[18] |