Aguia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A aguia é o nome común que se lle dá a varias aves rapaces da familia Accipitridae, xeralmente de grande porte, carnívoras e de grande acuidade visual. O nome é atribuído a animais pertencentes a xéneros diversos e non corresponde a ningunha clase taxonómica. A maioría atópanse no Vello Mundo. Son membros das aves de presa, da orde dos Accipitriformes (ou Falconiformes, segundo unha clasificación alternativa), familia Accipitridae, subfamilia Buteoninae.
- Para consultar o artigo sobre a constelación, véxase Aquila
Como tódalas aves rapaces, as aguias teñen un pico grande, poderoso e afiado para desgarrar a carne das súas presas. Contan tamén cunhas garras poderosas e unha visión que lles permite albiscar as presas a grandes distancias.