Airport '77
From Wikipedia, the free encyclopedia
Airport '77 é un filme estadounidense do xénero de desastres de 1977 a terceira parte da franquía Aeroporto. Na película traballan varios actores veteranos como Jack Lemmon, James Stewart, Joseph Cotten e Olivia de Havilland, así como George Kennedy que xa traballara nas dúas películas anteriores da serie. O filme dirixiuno Jerry Jameson, o produtor foron Jennings Lang e William Frye e o guión escribírono Michael Scheff e David Spector.[2]
Airport '77 | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Jerry Jameson |
Produtor | Jennings Lang William Frye |
Guión | Michael Scheff David Spector |
Baseado en | Airport, baseado na novela de Arthur Hailey |
Intérpretes | Jack Lemmon Lee Grant James Stewart George Kennedy Brenda Vaccaro Christopher Lee Joseph Cotten Olivia de Havilland |
Música | John Cacavas |
Fotografía | Philip H. Lathrop Rexford Metz |
Montaxe | Robert Watts J. Terry Williams |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 11 de marzo de 1977 |
Duración | 113 minutos |
Orzamento | 6.000.000 de dólares |
Recadación | 30.000.000[1] |
Na rede | |
A trama céntrase nun Boeing 747 privado cheo de VIP e obras de arte de valor incalculable e que unha banda secuestra antes de caer ao mar, no triángulo das Bermudas, o que leva os sobreviventes a unha desesperada loita pola supervivencia.[3][4]
Malia as críticas, en xeral non moi positivas, Airport '77 foi un éxito de recadación con ingresos de 30.000.000 de dólares [5], o 19º filme por recadación en 1977. Tivo dúas candidaturas aos premios da Academia.