Al-Hakam II
From Wikipedia, the free encyclopedia
Abû al-`Âs al-Mustansir bi-llah al-Hakam ibn `Abd ar-Rahman (en árabe, أبو العاص المرتضى الحكم بن هشام), máis coñecido como Al-Hakam II ou Alhakén II (Córdoba, 13 de xaneiro de 915 - 16 de outubro de 976), segundo califa omeia de Córdoba, desde o 16 de outubro de 961 até a súa morte.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 915 Córdoba |
Morte | 16 de outubro de 976 (Gregoriano) (61 anos) Córdoba |
Causa da morte | Ictus |
Califa de Córdova (pt) | |
961 (Gregoriano) – 976 (Gregoriano) ← Abd al-Rahman III – Hisham II al-Hakam (pt) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Califato de Córdoba Al-Andalus |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Ocupación | Califa |
Lingua | Árabe |
Familia | |
Cónxuxe | Subh |
Fillos | Hisham II al-Hakam (pt) |
Pai | Abd al-Rahman III |
Sucedeu ao seu pai Abderramán III, continuando a súa política e mantendo a paz e a prosperidade en Al-Andalus. Non só sostivo o apoxeo ao que chegou o califato co seu pai, senón que con el alcanzou o seu máximo esplendor.
Aos 8 anos foi nomeado sucesor de Abderramán III, e a súa educación foi exquisita, participando intensamente nas actividades de goberno, así como nas campañas militares, acompañando ao califa en varias ocasións.
Cando á morte de seu pai fíxose cargo do poder contaba con case 47 anos e adoptou o título de al-Mustansir Bi-llah (o que busca a axuda vitoriosa de Alá). Até entón, e pese á súa unión con Radhia, non tivo fillos. Ao chegar ao trono a descendencia facíaselle necesaria, e logrou conseguila cunha concubina escrava, de orixe vasca, chamada Subh (e tamén Zohbeya e Aurora, e a quen Al-Hakam deu o nome masculino de Chafar).