Al-Khwarizmi
matemático, astrónomo e xeógrafo persa de lingua literaria árabe / From Wikipedia, the free encyclopedia
Abu Abdallah Muḥammad ibn Mūsā al-Jwārizmī (Abu Yāffar) (عَبْدَالله مُحَمَّد بِن مُوسَى اَلْخْوَارِزْمِي en árabe, خوارزمی en persa e transliterado inicialmente como Algoritmi ou Algaurizin), nado en Khiva (actual Uzbekistán) contra o ano 780 e finado no 850, foi un matemático, astrónomo e xeógrafo persa[1][2] de lingua literaria árabe. Desenvolveu a súa actividade na Casa da sabedoría de Bagdad durante a Idade de ouro do califato Abbásida.
Al-Khwarizmi nun selo soviético de 1983. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ar) أبو عبد الله محمد بن موسى الخوارزمي 780 Corasmia () |
Morte | 850 Bagdad () |
Datos persoais | |
Residencia | Bagdad |
País de nacionalidade | Abbásida |
Grupo étnico | Persa |
Relixión | Islam |
Educación | Casa da sabedoría |
Coñecido por | Tratados de Álxebra e dos numerais indios. |
Actividade | |
Campo de traballo | Aritmética, Álxebra, Trigonometría, Astronomía, Xeografía |
Ocupación | matemático , tradutor , astrólogo , filósofo , astrónomo , xeógrafo , historiador |
Período de tempo | Idade do Ouro islámica |
Período de actividade | 813 - 846 |
Empregador | Casa da Sabedoría |
Influencias en | Abu Kamil |
Lingua | Lingua persa e árabe |
Obra | |
Obras destacables
|
No século XII, as traducións latinas do seu traballo sobre os numerais indios introduciron en Europa o sistema posicional de numeración decimal[3]. O seu Compendio do cálculo mediante restitución e redución presenta a primeira solución sistemática en árabe das ecuacións lineares e cadráticas. No Renacemento europeo, foi considerado o inventor orixinal da álxebra, aínda que hoxe se sabe que a súa obra baseábase nas antigas fontes gregas e indias[4]. Tamén revisou a Xeografía de Tolomeo e escribiu sobre astronomía e astroloxía.
Algunhas palabras reflicten a importancia das contribucións de al-Khwarizmi ás matemáticas: "Álxebra" deriva de al-jabr, unha das dúas operacións que usaba para resolver ecuacións cadráticas. "Algoritmo" procede de Algoritmi, a forma latina do seu nome[5], que tamén está na orixe da palabra castelá guarismo[6] e da portuguesa e galega algarismo[7], ambas co significado de díxito numérico.