Al Jazeera
From Wikipedia, the free encyclopedia
Al Jazeera ( الجزيرة, a illa ou a península en árabe) é unha canle árabe de televisión por satélite radicada en Qatar. Fundouse en 1996 polo goberno qatarí, converteuse na principal canle de noticias do mundo árabe. En orixe gratuíta e financiada polo goberno, a emisora comezou a cobrar polos seus servizos e independizouse financeiramente. A partir de 1998 emite 24 horas e ten a súa maior audiencia en Oriente Próximo e entre os emigrante árabes en Europa.
Datos rápidos Na rede ...
Al Jazeera | |
---|---|
Na rede | |
https://www.aljazeera.com/, https://www.aljazeera.net/, https://chinese.aljazeera.net/ e http://aljazeera.com.tr/ | |
Pechar
A canle fíxose coñecida internacionalmente logo dos ataques do 11 de setembro de 2001, cando se produciu a intervención norteamericana en Afganistán, ao ser a única canle internacional en ter correspondentes no país.