Alcazaba de Almería
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Alcazaba e Murallas do Cerro de San Cristóbal da cidade española de Almería é un dos conxuntos monumentais e arqueolóxicos árabes máis importantes da Península Ibérica. Os seus case mil anos de historia permitiunos coñecer a evolución experimentada na arquitectura civil e militar durante a dominación árabe en Andalucía, debido á súa construción en diferentes fases e épocas, así como a orixe e evolución da cidade.
Situadas nun cerro illado, a Alcazaba é unha sólida e extensa fortaleza con murallas de máis de tres metros de anchura e cinco de altura, formando un recinto pechado sobre si mesmo, pero conectado cos lenzos da muralla que configuran e dan sentido ó seu propio desenvolvemento, dentro dunha unidade máis complexa, como é a fortificación da cidade, no que o barranco da Hoya e o cerro de San Cristóbal manteñen unha conexión directa coa Alcazaba, tanto física como visual, creando un conxunto de extraordinaria magnitude. A Alcazaba queda ó sur conectada coa cidade, e ó norte o Cerro de San Cristóbal.
No ano 2010 a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda de España, como parte do «Programa Capitais de Provincia e Cidades Autónomas» acuñou na moeda de 5 euros correspondente a Almería unha imaxe deste monumento.