escritor francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Alfred Louis Charles de Musset, nado en París o 11 de decembro de 1810 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1857, foi un escritor francés.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2018.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Louis-Charles-Alfred de Musset-Pathay 11 de decembro de 1810 París |
Morte | 2 de maio de 1857 París |
Causa da morte | Sífilis |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise, 4 Grave of Alfred de Musset (en) |
11º Cadeira 10 da Academia Francesa (pt) | |
12 de febreiro de 1852 – 2 de maio de 1857 ← Emmanuel Dupaty (pt) – Victor de Laprade (pt) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Educación | Lycée Henri-IV |
Actividade | |
Ocupación | Escritor |
Período de actividade | 1826 - |
Membro de | Academia Francesa (1852–1857) |
Movemento | Romanticismo |
Lingua | Lingua francesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Parella | George Sand Louise Rosalie Allan-Despréaux Louise Colet Rachel Caroline Jaubert (en) Aimée d'Alton (en) |
Pai | Victor-Donatien de Musset-Pathay (en) |
Irmáns | Paul de Musset (pt) |
Premios
| |
|
Empezou a estudar ós nove anos no colexio Henri-IV, onde obterá en 1827 o premio de disertación literaria no Concurso Xeral. Grazas a Paul Foucher, cuñado de Victor Hugo empeza ós seus 17 anos a frecuentar O Cenáculo, o salón de Charles Nodier na biblioteca do Arsenal.
Despois de exercitarse coa medicina, o dereito, o debuxo, o inglés e o piano, é un dos primeiros románticos. Ós seus 20 anos a súa notoriedade literaria vai acompañada dunha dubidosa reputación alimentada pola súa faceta dandy.
Desde 1833 até 1835 é o apaixonado amante de George Sand. Como poeta publica os seus Contos de España e Italia. Os seus poemas máis soados son Rolla e as noites. Tamén escribe algunhas comedias: O candelabro, Non chancemos co amor, Non hai nada que xurar. Tamén escribe novelas en prosa como A Confesión dun fillo do século, dedicada a George Sand.
Foi bibliotecario do Ministerio do Interior durante a Monarquía de xullo e logo destituído en 1848. Máis tarde tamén foi bibliotecario do Ministerio de Instrución Pública durante o Segundo Imperio.
Recibiu a Lexión de Honra o 24 de abril de 1845 ó mesmo tempo que Balzac e é elixido membro da Academia Francesa en 1852.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alfred de Musset |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.