Alhambra
cidade palatina situada na cidade de Granada / From Wikipedia, the free encyclopedia
Alhambra é unha cidade palatina situada na cidade de Granada en España. Tratase dun rico complexo palaciano e fortaleza que aloxaba ó monarca e a corte do Reino de Granada. O seu verdadeiro atractivo, como noutras obras musulmás da época, non só radica nos interiores cunha decoración que está entre os cumios da arte andalusí, senón que tamén na súa localización e adaptación, xerando unha paisaxe totalmente integrada coa natureza preexistente. No ano 2006 recibiu uns 2 153 491 visitantes.[1] Ademais é desde o ano 2007 un dos 12 Tesouros de España.[2] Foi declarada, xunto co Generalife e o Albaicín Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1984.[3]
Datos rápidos Patrimonio da Humanidade - UNESCO, País ...
Alhambra, Generalife e Albaicín de Granada | |
---|---|
O Patio dos Arrayanes | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | España |
Localización | |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, III, IV |
Inscrición | 1984 (8ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 314 |
Pechar