Cimento
estrutura utilizada para transmitir as cargas dunha construción ao solo. / From Wikipedia, the free encyclopedia
O cimento ou alicerce, termos usualmente empregados en plural, ou cimentación ou fundación, é o conxunto das estruturas utilizadas para transmitiren as cargas das construcións ao solo. Debido a que a resistencia do chan é, xeralmente, menor que os piares ou muros que soportará, a área de contacto entre o terreo e a cimentación será proporcionalmente máis grande que os elementos soportados (agás en solos rochosos moi coherentes).
Os cimentos son importantes, pois son o grupo de elementos que soportan a superestrutura, para o cal se emprega a chamada zapata de cimentación, que divide as cargas da edificación en partes iguais de xeito que ningunha exceda a outra.