Almiscre
From Wikipedia, the free encyclopedia
O almiscre (do árabe al-mísk e este do sánscrito musk, 'testículo') é un grupo de substancias aromáticas que se usan como base en perfumaría. Inclúense secrecións glandulares de animais, plantas que emiten cheiros similares e mesmo materiais artificiais con arrecendos parecidos. Orixinariamente denominaba un segregación de profundo cheiro obtido dunha glándula do cervo de almiscre (cérvido do xénero Moschus, orixinario da India, Paquistán, Tíbet, China, Siberia e Mongolia), que se converteu nun dos produtos animais máis caros do mundo, para logo estenderse a unha ampla variedade de substancias con ulidos semellantes, malia posuír estruturas químicas diferentes.