Alphonse Daudet - Wikiwand
For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Alphonse Daudet.

Alphonse Daudet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.)
Alphonse Daudet
Nome completoLouis Marie Alphonse Daudet
AlcumePiccolo
Nacemento13 de maio de 1840
 Nîmes
Falecemento16 de decembro de 1897, 15 de decembro de 1897 e 17 de decembro de 1897
 París
CausaSífilis
SoterradoCemiterio do Père-Lachaise
NacionalidadeFrancia
EtniaPobo francés
Ocupaciónescritor, dramaturgo, poeta, novelista, autobiógrafo e guionista
PaiVincent Daudet
NaiAdeline Daudet
CónxuxeJulia Daudet
FillosLéon Daudet, Lucien Daudet e Edmée Daudet
IrmánsAnna Daudet, Ernest Daudet e Henri Daudet
Coñecido porTartarin of Tarascon, lettres de mon moulin, Le Petit Chose, Monsieur Seguin's Last Kid Goat e L'Arlésienne
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra, oficial da Lexión de Honor e Jouy Prize
editar datos en Wikidata ]

Alphonse Daudet, nado en Nîmes o 13 de maio de 1840 e finado en París o 16 de decembro de 1897, foi un escritor francés.

Traxectoria

Alphonse Daudet naceu no seo dunha familia burguesa da Provenza. O seu pai posuía unha fábrica de bufandas mais ao quebrar o negocio en 1848 a familia trasladouse a Lión. En 1856 Daudet tivo que interromper os seus estudos e comezou a traballar como mestre en Alès durante uns meses, ata que o 1 de novembro de 1857 marchou a vivir co seu irmán Ernest a París.

Daudet comezou a escribir poemas, que recolleu en Les Amoureuses (1858), obra que lle deu unha certa celebridade. Conseguiu un emprego en Le Figaro, e entre 1860 e 1865 traballou como secretario do duque de Morny, ministro de Napoleón III. Trala súa morte Alphonse conságrase case por enteiro a escribir e o ano seguinte publica no xornal l'Evénement, logo dunha viaxe pola súa Provenza natal, Cartas desde o meu muíño co título de Crónicas provinciais, no que retrata en forma de contos as tradicións, a paisaxe e os costumes provenzais e que gozaron de gran popularidade antes da súa aparición en libro en 1869. En 1868 edita Le petit chose, novela autobiográfica na que evoca a súa experiencia como mestre. A novela non tivo éxito, pero si o conseguiu en 1872 con Aventures prodigieuses de Tartarin de Tarascon.

Durante a guerra franco-prusiana Daudet alistouse no exército e participou na defensa de París (1870), asediada polas tropas prusianas, e a súa experiencia bélica quedou reflectida en varios relatos seus.

Daudet foi un escritor próximo ao naturalismo, cun estilo cheo de luz e cor e cun lene humor lírico, evitando sempre o pesimismo. Dende 1884 sufriu unha enfermidade incurable, con dores noite e día, que soportou con estoicismo ata a súa morte.

Obras

  • Les Amoureuses (1858),
  • Cartas desde o meu muíño (Lettres de mon moulin 1870), Xerais, 1983. Tradución de Víctor F. Freixanes[1]
  • Le petit Chose (1868),
  • Aventures prodigieuses de Tartarin de Tarascon (1872)
  • L'Arlésienne (1872)
  • Fromont jeune et Risler aîné (1874)
  • Contos do luns (Contes du Lundi) (1875), BIVIR, 2014. Tradución e escolma de Xavier Senín[2].
  • Jack (1876)
  • Le Nabab (1877)
  • Les Rois en exil (1879)
  • Numa Roumestan (1881)
  • Sapho (1884)
  • Tartarin sur les Alpes (1885
  • La Belle Nivernaise (1886)
  • Trente ans de Paris (1887)
  • Souvenirs d'un homme de lettres (1888)
  • L'Immortel (1888)
  • Port-Tarascon (1890)

Notas

Véxase tamén

{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Alphonse Daudet
Listen to this article