Alsacia-Lorena
From Wikipedia, the free encyclopedia
Alsacia-Lorena (en alemán: Reichsland Elsaß-Lothringen, xeralmente Elsass-Lothringen) foi unha entidade territorial creada polo Imperio alemán en 1871 trala anexión da maior parte de Alsacia e partes de Lorena na Guerra franco-prusiana. A parte de Alsacia estaba no val do Rin, na beira occidental, e ó leste da Cordilleira dos Vosgos. A sección de Lorena atopábase na parte alta do Val de Mosela, ó norte dos Montes Vosgos.
Elsass-Lothringen (de) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Estrasburgo | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.549.738 (1910) (106,72 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua alemá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 14.522 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 20 de maio de 1871 | ||||
Disolución | 11 de novembro de 1918 28 de xuño de 1919 | ||||
Sucedido por | Terceira República Francesa | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Landtag of Reichsland Elsaß-Lothringen (en) , | ||||
A rexión volveuse parte de Francia Oriental en 921 durante o reinado do Rei Lois o Xermánico, e máis tarde sería parte do Sacro Imperio Romano Xermánico. Foi gradualmente anexada polo Reino de Francia despois da Paz de Westfalia en 1648. Despois da Guerra Franco-prusiana, o Tratado de Frankfurt devolveu a área baixo o control xermánico como parte do recentemente creado Imperio alemán en 1871.
A curta independencia trala primeira guerra mundial rematou coa chegada das tropas francesas en 1918 e polo Tratado de Versalles de 1919, polo que o territorio foi devolto a Francia. A área foi anexada pola Alemaña Nazi en 1940, pero volveu a control francés en 1945 coa fin da segunda guerra mundial e permaneceu como parte de Francia dende entón.
O territorio estaba composto polo 93% de Alsacia (7% permaneceu francés) e o 26% de Lorena (74% permaneceu francés). Por razóns históricas, as disposicións legais específicas seguen a ser aplicadas neste territorio, propia e legalmente coñecido como Alsacia-Mosela.