Ama de leite
muller que aleita a un lactante que non é o seu fillo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha ama de leite,[1] ama de cría[2] ou nutriz[3] é unha muller que aleita a un lactante que non é o seu fillo. Hoxe en desuso na meirande parte de Occidente, o emprego de amas de cría foi común ata o século XIX para alimentar a nenos cuxas nais non podían ou non desexaban facelo.[4]