Cacaforra da morte
From Wikipedia, the free encyclopedia
A cacaforra da morte[1] Amanita phalloides Vaill. ex Fr. Link, tamén coñecida como pan da morte, pan do demo [2] ou co nome culto de amanita faloides é un fungo micorrizóxeno que accidentalmente ten sido introducido a novas rexións co cultivo de especies non nativas de carballo, castiñeiro e piñeiro. É moi común que se atope dende a beiramar até a montaña. Este tipo de cogomelo velenoso é moi semellante a algunhas especies que son comestíbeis, polo que se teñen dado casos de envelenamento accidental; de aí o seu nome vulgar galego: cacaforra da morte ou pan da morte. É común en Galiza[3], sendo unha das especies mortais.
Cacaforra da morte | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Amanita phalloides (Vaill. ex Fr.) Link (1833) |
O epíteto «phalloides» (do grego «phallos», «pene» e «eidos», «forma») significa «con forma de pene», por mor á forma do basidiocarpo nos primeiros estadios do seu desenvolvemento. É o cogomelo máis perigoso se é inxerido polo ser humano. É un fungo mortal que ten causado o falecemento de numerosas persoas xa que a síndrome faloidiana é unha síndrome de acción amodo, e ademais as toxinas actúan sobre o fígado e os riles, dando lugar o fallo hepático. Por esta razón, cómpre non confundilo con outros cogomelos comestíbeis. Entre as vítimas máis ilustres atópanse o emperador Claudio e o Arquiduque Carlos de Austria.