Amazonas de Dahomey
unidade militar feminina do Reino de Dahomey / From Wikipedia, the free encyclopedia
As amazonas de Dahomey ou mino (que quere dicir "as nosas nais") foron unha unidade militar composta completamente por mulleres fon do antigo Reino de Dahomey, na actual República de Benín, que durou até finais do século XIX. Foron chamadas así polos europeos e os historiadores por mor da súa semellanza coas míticas amazonas da antiga Anatolia e o mar Negro.