Amelloramento de Navarra
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Lei orgánica de reintegración e amelloramento do réxime foral de Navarra[1] (LORAFNA, en castelán: Ley orgánica de reintegración y amejoramiento del régimen foral de Navarra), máis coñecida como Amelloramento de Navarra ou Amelloramento do foro, é unha lei española que supón a norma institucional básica da Comunidade Foral de Navarra. É o equivalente aos estatutos de autonomía do resto de comunidades autónomas de España.
Foi aprobada polo Parlamento Foral de Navarra e posteriormente entrou en vigor o 16 de agosto de 1982 unha vez aprobada polas Cortes Xerais como lei orgánica.