American Numismatic Association
asociación numismática / From Wikipedia, the free encyclopedia
A American Numismatic Association -ANA- (en galego: "Asociación de Numismática dos Estados Unidos") é unha sociedade erudita e sen ánimo de lucro dos Estados Unidos dedicada ao estudo, á investigación e á difusión da numismática, desde as perspectivas educativa, histórica e científica. Foi fundada en Colorado Springs, en 1891 por George F. Heath e recibiu do Congreso dos Estados Unidos o recoñecemento oficial como entidade de ámbito nacional (Federal Charter) en 1912.[1][2][3]
- Non confundir con American Numismatic Society.
American Numismatic Association | |
---|---|
Acrónimo | ANA |
Tipo | organización sen ánimo de lucro, sociedade científica e biblioteca |
Campo de traballo | numismática |
Área de operación | Estados Unidos de América |
Data de fundación | 1891 |
Premios | Premio Farran Zerbe Memorial |
Localización | |
Sede | Colorado Springs |
Enderezo | 818 N CASCADE AVE |
En | Condado de El Paso, Colorado Springs e Colorado |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.money.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A ANA ten máis de 25.000 membros que se acollen a diversos beneficios, como descontos, o acceso a seccións privadas do sitio web e a subscrición á revista The Numismatist, de periodicidade mensual. Na sede social en Colorado Springs atópanse as oficinas de administración, a biblioteca e o museo do diñeiro.[1][2][3][4]
Á fronte da ANA está unha xunta directiva, auxiliada nas súas funcións por diversos comités asesores. Entre os seus programas é de salientar o dedicado á promoción da numismática entre a xuventude. Outra das súas actividades máis destacadas é a organización dunha convención, que se celebra anualmente desde 1891 (con algunha interrupción) ao longo de todo o territorio dos EEUU, e que en 1978 pasou a desdobrarase en dúas convencións anuais. Ademais, a ANA recoñece co premio Chester L. Krause Memorial os seus membros máis destacados, e mantén actualizado un "salón da fama".[1][2]