From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha análise é un estudo dun elemento para coñecer as súas características, calidades ou o seu estado, coa fin de determinar os seus fundamentos, bases e motivos da súa creación, orixe e xurdimento, para así poder sacar conclusións.
A análise é unha das catro regras do método de investigación proposto por René Descartes. Tamén afirma que se trata dun método efectivo na ensinanza, pois descompón as proposicións complexas dun elemento.
A palabra análise deriva do termo grego ἀνάλυσις. Este pode ser dividido en 3 partes:
Para comezar, débese observar o problema na súa área externa completa. Esta acción permite concretar as características e parámetros específicos que serán posteriormente analizados máis profundamente. Así mesmo, establécense as variables que serán examinadas máis detalladamente e estudadas na análise exhaustiva. Este proceso tamén se tende a denominar análise sintética.
Na análise exhaustiva dívidese o conxunto do problema en pequenas partes e elementos principais. A continuación investígase cada un polo miúdo, o que permite revelar a procedencia e a finalidade de cada un dos suxeitos estudados.
Pódese contemplar facilmente o que é o proceso da análise en ramas da ciencia coma as matemáticas e a química.
Dentro do mundo das matemáticas, a análise é unha rama que consiste no estudo dos números reais, os complexos e as construcións derivadas a partir deles, así como as funcións entre eses conxuntos e construcións derivadas. Así mesmo, ten como conceptos fundamentais a función, o límite e a continuidade; abarca o cálculo diferencial e integral, as ecuacións diferenciais e integrais, a teoría de funcións, o cálculo de variacións, a análise vectorial e a xeometría diferencial.
A análise química é a ciencia que estuda o conxunto de principios, leis e técnicas mediante as cales se pretende determinar a composición química dunha mostra natural ou artificial. Divídese en analítica cualitativa e analítica cuantitativa. A primeira céntrase en coñecer os elementos que forman as mostras, mentres que a segunda determina as cantidades dos devanditos elementos.
Kant considera que a análise pasa a formar parte da teoría xeral da ciencia "ao eliminar da ciencia os xuízos analíticos e ao facer dos xuízos sintéticos a priori a condición mesma da construción científica". Por outra parte, determina síntese coma un antónimo de análise. Segundo a súa teoría, a síntese consiste no exame dos aspectos xerais dun obxecto, mentres que na análise descompóñense cada un dos seus elementos. Non obstante, débese diferenciar cando existe unha relación de identidade entre cada unha das partes e o total, e cando non. En definitiva, o concepto de análise non ten un significado gnoseolóxico exento, é dicir, vai ligado a un contexto ou teoría. A grandes trazos, afirma que a análise equivale á conexión idéntica total, mentres que a síntese abarcaría todo aquilo que non é analítico.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.