Ana Belén
cantante e actriz española. / From Wikipedia, the free encyclopedia
María del Pilar Cuesta Acosta, coñecida como Ana Belén, nada en Madrid o 27 de maio de 1951, é unha cantante e actriz española.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2014.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María del Pilar Cuesta Acosta 27 de maio de 1951 (73 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Ana Belén |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | actriz , actriz de cinema , actriz de teatro , cantante , directora de cinema |
Período de actividade | 1961 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Pop rock |
Lingua | Lingua castelá |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Sony Music |
Familia | |
Cónxuxe | Víctor Manuel |
Fillos | Marina San José |
Premios | |
Páxina web | anabelen.es |
|
Está casada co cantautor asturiano Víctor Manuel, co que colabora musicalmente en moitas ocasións. Está considerada unha das artistas máis importantes da cultura española. Tras máis de corenta anos de profesión, continúa a súa prolífica carreira artística con máis de corenta películas, unha vintena de obras de teatro máis de trinta e cinco discos, que a converteron nunha icona feminina.
Calcúlase que ao longo da súa carreira, Ana Belén vendeu máis de tres millóns de álbums a nivel nacional e internacional, e os seus espectáculos musicais percorreron España e Latinoamérica. Ana Belén é unha das máis importantes e recoñecibles voces da música hispana, sendo nomeada en dúas ocasións ao Grammy Latino.