Anatomía patolóxica
From Wikipedia, the free encyclopedia
A anatomía patolóxica é unha subdisciplina da medicina encargada de estudar os tecidos para orientar un diagnóstico e posible tratamento.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O profesional da anatomía patolóxica é o patólogo. Os tecidos que examinan proceden de todo o organismo, mediante os seguintes métodos:
- Biopsia: consiste na extracción dun anaco dun tecido para o seu estudo microscópico. A biopsia pode realizarse nunha sala ou habitación convencional cando non supón unha intervención agresiva, por exemplo, unha biopsia de pel. Noutros casos é preciso realizar unha biopsia no medio dunha operación cirúrxica. A esta biopsia denomínaselle biopsia intraoperatoria, e os seus resultados poden condicionar o resto da cirurxía.
- Punción aspiración con agulla fina: consiste na extracción de células libres, que non tecidos. A súa utilidade é limitada, pero é un método moito menos invasivo, con poucos riscos e poucas secuelas. Hoxe en día emprégase para o diagnóstico de certos tumores de tiroide.
As mostras biopsiadas son procesadas por diversos aparellos do patólogo. A peza anatómica córtase en cortes de varios milímetros, dependendo do estudo a realizar. Unha vez obtido o fragmento, esténdese nunha superficie de cristal ou plástico e procésanse. Durante estes procesos o tecido pode somerxerse en parafina ou noutras substancias. Unha vez tratadas, as mostras tínxense. Existen numerosas tincións: hematoxilina-eosina, tricrómicos, tincións de prata etc.