empregado de banca e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Andrés Montesinos Rodríguez, nado na Mezquita en 1961,[1] é un político galego do PPdeG, alcalde de Viana do Bolo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 (62/63 anos) A Mezquita, España |
Alcalde de Viana do Bolo | |
2022 – | |
Alcalde de Viana do Bolo | |
2003 – 2015 – Secundino Fernández Fernández → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Viana do Bolo |
Ocupación | político , empregado de banca |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega |
Empregado de banca. Concelleiro do PPdeG en Viana do Bolo. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser elixido nas eleccións de 2007 e 2011 con maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2015 perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, sendo elixido o nacionalista Secundino Fernández como alcalde co apoio do único concelleiro socialista. Nas eleccións de 2019 volveu encabezar a candidatura popular e seguiu perdendo apoios, baixando un concelleiro, se ben volveu sela candidatura máis votada. Inicialmente saíu reelixido Secundino Fernández co apoio do PSdeG, pero en setembro de 2020 o PPdeG apoiou unha moción de censura con dous concelleiros tránsfugas socialistas. O concelleiro exsocialista Abelardo Carballo foi o escollido como alcalde,[2] acordando rotarse no cargo con el durante un ano e uns meses, dimitindo Carballo o 30 de decembro de 2021,[1] e asumindo Montesinos de novo a alcaldía en xaneiro de 2022.[3]
Nas municipais de 2023 mellorou resultados, se ben quedouse ás portas da maioría absoluta. Finalmente revalidou a alcaldía como forza máis votada ante a falta de acordo entre BNG e PSdeG.[4][5][6]
É irmán de Francisco Montesinos, exalcalde da Mezquita polo PPdeG.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.