Anel (álxebra)
estrutura de álxebra abstracta / From Wikipedia, the free encyclopedia
Na álxebra, un anel é unha estrutura alxébrica formada por un conxunto (A) e dúas operacións: suma e produto: (A+,*); de tal xeito que (A,+) é un grupo conmutativo con elemento neutro (que designamos 0), e o produto * é asociativo e ten a propiedade distributiva respecto da suma. Se o produto é conmutativo falaremos dun anel conmutativo e se o anel posúe un elemento neutro para o produto, chamarase anel con unidade.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Anel (homónimos).