Animación
técnica para dar a sensación de movemento a imaxes ou debuxos / From Wikipedia, the free encyclopedia
A animación é aquela técnica para dar a sensación de movemento a imaxes ou debuxos. Para realizar animacións existen numerosas técnicas que van máis alá dos familiares debuxos animados. Os cadros pódense xerar debuxando, pintando ou fotografando unha serie de minúsculos cambios feitos sucesivamente a un modelo da realidade ou a un modelo tridimensional virtual; tamén é posible animar coa mesma técnica obxectos da realidade e actores.
O feito de concibir unha animación tende a ser un traballo moi intensivo e aburrido. Por isto, a meirande parte da produción que provén de compañías de animación encargáronse de organizar este labor. Así e todo, existe a animación de autor (que ten relación coa animación independente), en xeral máis próxima ás artes plásticas. Esta xorde do traballo persoal dun ou duns poucos artistas. Algúns válense das novas tecnoloxías para simplificar a tarefa.