Antón Alonso Ríos
escritor e político galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Antón Hipólito Alonso Ríos, nado en Camporrapado (Cortegada, Silleda) o 15 de agosto de 1887 e finado en Buenos Aires o 12 de outubro de 1980[1], foi un mestre, escritor, líder agrarista e político galego que presidiu o Consello de Galiza. Durante os tres anos que durou a Guerra civil fíxose pasar polo “Siñor Afranio” e foi mendigo, traballou nas colleitas e foi criado de casa. Conseguiu sobrevivir asemade que foi vendo como os seus amigos e compañeiros foron apresados, torturados e asasinados.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | (es) Antonio Alonso Ríos |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de agosto de 1887 Silleda, España |
Morte | 12 de outubro de 1980 (93 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Causa da morte | Suicidio |
Presidente do Consello de Galiza | |
1950 – 1980 | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
24 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Pontevedra | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Arxentina España |
Formación profesional | Maxisterio |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , escritor , mestre |
Partido político | Partido Galeguista |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Oliva Rodríguez |
Fillos | Oliva, Chamor, Ombú e Celta |
Pechar