ditador portugués From Wikipedia, the free encyclopedia
António de Oliveira Salazar, nado en Vimieiro, Santa Comba Dão, o 28 de abril de 1889 e finado en Lisboa o 27 de xullo de 1970, foi un ditador portugués, profesor universitario e estadista.
Exerceu como catedrático de Economía Política, Ciencia das Finanzas e Economía Social na Universidade de Coímbra e foi deputado e ministro. Dende 1932 ata 1968, exerceu como primeiro ministro entre 1932 e 1968 e, interinamente, a Presidencia da República en 1951, períodos durante os cales foi a cabeza e principal figura do chamado Estado Novo, unha ditadura, que abrangueu o intervalo temporal entre 1926 e 1974, malia que o réxime non se consolidou coma tal ata 1933.
Foi ministro das Finanzas entre 1928 e 1932. Entre 1932 e 1968 foi o estadista que dirixiu os destinos de Portugal, co cargo de Presidente do Consello de Ministros (primeiro ministro). Foi fundador e xefe da Unión Nacional (partido único durante o Estado Novo) a partir de 1931. Tamén foi o fundador e principal mentor do Estado Novo (1933-1974), substituíndo a ditadura militar (1926-1933). Tamén exerceu o cargo de Presidente interino da República, mais só no ano de 1951.
En abril de 1937, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e mais Ramón Suárez Picallo enviáronlle unha carta na que dicían:
Vostede será para os supervivintes de Galiza algo menos ca un asasino, será un cómplice de asasinos.[1]
Durante a Guerra civil española, comezada en xullo de 1936, Salazar non dubidou en apoiar a Franco dende o primeiro momento. De aí o enorme prestixio gañado por Portugal entre os franquistas. Pouco antes do final da guerra, Salazar nomeou a Pedro Teotónio Pereira para a función de Axente Especial do Goberno Portugués xunto ao Goberno de Franco. Teotónio Pereira chegou a Salamanca en xaneiro de 1938, encontrando unha atmosfera de grande simpatía cos diplomáticos alemáns e italianos e de grande hostilidade cos diplomáticos dos restantes países. Teotónio Pereira pronto comezou a contrarrestar este ambiente e Portugal tivo un papel fundamental na disuasión do aliñamento de España coas Potencias do Eixo, na creación dun bloque ibérico neutro e na aproximación de España aos Aliados.
Nunha entrevista ao xornal francés Le Figaro, a 13 de xaneiro de 1958, Franco afirmaba que:
O home de Estado máis completo, máis respectable de entre tódolos que coñecín, eu direille: Salazar. Teño aquí un personaxe extraordinario, pola súa intelixencia, o sentido político, a humanidade. A súa maior eiva é, talvez, a modestia.Francisco Franco (en castelán)
Salazar tiña tamén unha grande admiración por outro ditador fascista, Benito Mussolini, tendo incluso unha fotografía do ditador italiano na súa secretaría de traballo.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.