Anticorpo de cadea pesada
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un anticorpo de cadea pesada é un anticorpo que consta só de dúas cadeas pesadas e carece das dúas lixeiras que normalmente tamén teñen os anticorpos normais. Atopáronse en camélidos e tiburóns.
Nos anticorpos comúns, a rexión que se une ao antíxeno consta dos dominios variables das cadeas pesada e lixeira (VH e VL). Os anticorpos de cadea pesada poden tamén unirse a antíxenos malia ter só dominios VH. Esta observación levou ao desenvolvemnto dun novo tipo de fragmentos de anticorpo cun potencial uso como fármacos, que se denominan anticorpos de dominio simple.[1]