Anticosti
rochosa e cuberta por bosques situada no golfo de San Lourenzo, en Quebec, o Canadá / From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa de Anticosti (Anticosti Island en inglés; Île d'Anticosti en francés) é unha illa rochosa e cuberta por bosques situada no golfo de San Lourenzo, no Quebec, o Canadá. Cos seus 7.941 km² de superficie, ocupa o posto 90 entre as illas máis grandes do mundo. Polo norte, a illa de Anticosti está separada do Quebec polo estreito de Jacques Cartier e, polo sur, da península de Gaspesia polo estreito de Honguedo. O seu lago máis grande é o lago Wickenden, que alimenta ao río Xúpiter.
Datos rápidos Situación, País ...
Anticosti | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Canadá |
Provincias e territorios do Canadá | Quebec |
Mar | Océano Atlántico |
Coordenadas | 49°30′N 63°00′O |
Xeografía | |
Superficie | 7.892´52 km² |
Longura máxima | 217 km. |
Largura máxima | 16-48 km. |
Perímetro | 520 km. |
Punto máis alto | 312 m. |
Demografía | |
Capital | Port-Menier |
Poboación | 240 hab. (2011) |
Pechar