Antitoxina
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha antitoxina é un anticorpo coa capacidade de neutralizar unha toxina específica. As antitoxinas son producidas por certos animais, plantas e bacterias en resposta á exposición a unha toxina. Aínda que son máis efectivas neutralizando toxinas, poden tamén matar bacterias e outros microorganismos. As antitoxinas prodúcense no interior dos organismos e poden ser inxectadas noutros organismos, incluíndo os humanos, para tratar unha doenza infecciosa. Este procedemento implica inxectar un animal cunha cantidade segura dunha determinada toxina. O corpo do animal fabrica despois a antitoxina necesaria para neutralizar a toxina. Posteriormente, extráese sangue do animal e obtense a antitoxina do sangue, e despois purifícase e inxéctase no ser humano ou noutro animal, inducindo nel unha inmunidade pasiva temporal. Para impedir que se orixine a enfermidade do soro, adoita ser mellor usar unha antitoxina obtida da emsma especie (por exemplo, unha antitoxina humana para tratar humanos).