Antonio Stradivari
From Wikipedia, the free encyclopedia
Antonio Stradivari, nado no ano 1644 en Cremona, Lombardía e finado o 18 de decembro de 1737, foi un luthier italiano especialista en instrumentos de corda como violíns, violoncellos, guitarras, violas e arpas.[1]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1644 Cremona |
Morte | 18 de decembro de 1737 (92/93 anos) Cremona |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia |
Actividade | |
Ocupación | violin maker (en) |
Lingua | Lingua italiana |
Instrumento | Violín |
Familia | |
Fillos | Omobono Stradivari (en) , Francesco Stradivari (pt) |
Pechar
Stradivari está considerado como o mellor e máis importante artesán no seu campo. A forma latinizada do seu apelido, Stradivarius, utilízase para referirse aos seus instrumentos. Estímase que ao longo da súa vida produciu 1 116 instrumentos, dos que 960 foron violíns. Tamén se estima que arredor de 650 deses instrumentos aínda se conservan,[2] dos que entre 450[3] e 512[4] son violíns.